¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A Ukestra do Medio é un grupo de ukuleles que nace en Compostela en 2013 versionando temas de diferentes estilos musicais. En 2017 editan em princípio… e en 2020 publican Outras Lérias, un disco que conta por primeira vez con cancións propias, todas elas en galego.

En 2022 a Ukestra lanza Histórias Cativas e afianza a súa aposta polas composicións do grupo. O traballo, gravado nos Estudos Potemkin e editado por Ukelixo, mantén dous dos sinais de identidade da banda: o son característico dos ukeleles e unha proposta ecléctica con influencias de rock’nroll, country, swing, pop e surf.

O 2 de febreiro de 2024, Día da Candeloria e Día Internacional do Ukelele, a Ukestra do Medio uniu as dúas efemérides para presentar A Candelória, un novo single como adianto do seu próximo disco que verá a luz os próximos meses. O tema ven acompañado dun video de Coral Piñeiro.

Alberte Leis: Baixo acústico e voces
Kátia Mera: Uke soprano, uke de concerto e voces
Yolanda Porto: Caixón, percusión e voces
César Parcero: Uke barítono, uke tenor, mandolina e voces
Carlos Gómez: Uke de concerto e voces